Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Presidente de AFRICOR: "As explotacións familiares cada vez profesionalízanse máis e buscan mellorar a calidade de vida"

Presidente de AFRICOR: "As explotacións familiares cada vez profesionalízanse máis e buscan mellorar a calidade de vida"

Despois de falar con Óscar Blanco, pasou polos #DirectosQPC Fernando Suárez Mouro, novo presidente dende o mes de setembro da Asociación Provincial de gandeiros da Provincia da Coruña, AFRICOR. Fíxoo para falarmos da social Semana Gandeira de Mazaricos, que estes días fai que a rede estea moi láctea.

Con granxa na Baña, é veciño da comarca xalleira e coñece de boa man a importancia que ten o sector lácteo nos Concellos de Santa Comba e Mazaricos, e de feito, recoñece que as explotacións da zona están entre o mellor de Europa. Ademais, apunta que non debemos falar coa boca pequena cando digamos que a Semana Gandeira de Mazaricos é das máis importantes do país, gracias a esa vea social que imprimiu nos últimos anos, diferenciándose do resto de citas máis técnicas.

Sobre a guerra dos prezos, apuntou que o sector está “ao límite”, e focaliza nas grandes superficies e no uso dos produtos “reclamo” para evitar que o prezo se estabilice.

Reslatou a importancia de que as propias explotacións exploren a vía da transformación para darlle un valor engadido ao produto crú. E tamén, valora moi positivamente as novas empresas que ofrecen servizos, sobre todo a todas esas explotacións familiares que cada vez máis se están profesionalizando. Uns servizos que permiten mellorar a calidade de vida das familias que traballan no agro, que pouco a pouco van cambiando esa mentalidade de ter que traballar 365 días ao ano.

Rematou coa que considera que a problemática máis grande á que se enfrontan os gandeiros no día a día: a burocracia.

 

Novas relacionadas

Comentarios