Martes. 19.03.2024
El tiempo

Sufocan un incendio dun vehículo en Mazaricos

Extincion Coche Incendio mazaricos
Sufocan un incendio dun vehículo en Mazaricos

Eran as 8:09 da mañá cando os Bombeiros do GES de Muros, os Bombeiros de Santa Comba, Protección Civil de Mazaricos e Garda Civil tiñan que saír pitando para O Pino do Val. Un vehículo sufrira un incendio na parte do motor.

Cunha boa de auga os axentes de Protección Civil e cos Bombeiros abrindo o capó para realizar mellor a manobra, (todos ocas máscaras de respiración) realizando as labores de extinción, instalando unha liña de espuma co propack.

En pouco máis de media hora a operación estaba lista e o incendio só afectou a unha parte do motor e non houbo que lamentar danos persoais.

Extincion Coche Incendio mazaricos 2

Comentarios