Martes. 07.05.2024
El tiempo

Unhas 100 persoas participaron no roteiro ecolóxico e reivindicativo polo río Xallas

Unhas 100 persoas participaron no roteiro ecolóxico e reivindicativo polo río Xallas
Preto dun centenar de persoas participaron este domingo 27 de xuño no roteiro ecolóxico e reivindicativo polo río Xallas que organizaba ADEGA e a Plataforma na Defensa do río Xallas. Plataforma recentemente creada na que se integran partidos políticos, sindicatos, asociacións culturais, asociacións deportivas e empresas. A ruta partiu da Ponte Olveira e foi rematar ao Ézaro, ao pé da fervenza do Xallas. Ao longo do traxecto varios compañeiros foron explicando aos asistentes as intencións da empresa de Villar Mir en continuar coa destrución do pouco traxecto do río que aínda queda virxe, xa que ten proxectada a construción de tres minicentrais eléctricas nun río xa saturado de encoros. Alto prezo medioambiental Segundo sinalan dende ADEGA "o noso patrimonio medioambiental non pode seguir sendo o prezo dos intereses económicos dun empresario alleo ao noso país". Denuncia ADEGA un punto clave i é que "os beneficios xuntados pola destrución do noso patrimonio non repercute na zona". Como exemplo apunta a baixada no número de empregados da Ferroatlántica, que "no momento da compra por parte de Villar Mir eran superiores a 500 traballadores/as directos, e hoxe en día apenas superan os 200". Discurso do roteiro A marcha foi unha festa sen perder en ningún momento o ton reivindicativo. Sobre as dúas a expedición chegou ao azude de Castrelo, onde fixeron unha parada para a comida, que foi amenizada con poemas e humor. Logo emprenderon o treito final do roteiro, rematando fronte á Carballeira dos Anllares, á altura do lugar de Xestosa. Finalmente colleron un bus rumbo ao Ézaro, onde pechou a xornada cunha toma reivindicativa recollendo auga do río e levándoa ao mar, onde moitos dos asistentes se deron un baño. Vindeira cita Para os convocantes, Adega e da Plataforma, o acto foi un éxito, polo que se acordou repetilo en moi pouco tempo. Probablemente será pola marxe esquerda do río Xallas, ata "conseguir que os plans de aniquilación do noso pouco Patrimonio Natural que nos queda non siga adiante".

Novas relacionadas

Comentarios