Sábado. 04.05.2024
El tiempo

15 toneladas de axuda para os campamentos de refuxiados do Sáhara

15 toneladas de axuda para os campamentos de refuxiados do Sáhara
Campaña de recollida de roupa en Muros para o Sáhara

Esta imaxe foi captada na wilaya Dajla na primavera de 2007. Hoxe xa pasaron 5 anos, e xa estiveron en Galicia co programa Vacacións en Paz. Falan castelán, e saben como vive o primeiro mundo, pero as cousas, nos Campamentos de Refuxiados de Tinduf e de todo o Sáhara Occidental non están fáciles.

Nesa liña, dende Muros continúan coa campaña de recollida de roupa para recaudar fondos para axudar aos nenos de Tinduf. O obxetivo e acadar os 15.000 quilos e ate o momento xa levan recollidos 11.000. Cun último esforzo solidario, de seguro alcanzarán esas 15 toneladas.

Todos aqueles que queiran colaborar con esta iniciativa só teñen que depositar as bolsas ou caixas de calquera clase de roupa (roupa, zapatos, bolsos, mantas, sábanas...), no Centro de Servizos Sociais de Muros (Antigo Centro Médico) de Muros de 9:00 a 15:00h, de luns a venres.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e imaxe de Quin Muros.

Comentarios