5 areais de Muros únense á Rede de Praias sen Fume
A Costa da Morte é potencia na materia
12:05 11/08/23
Son 224 areais en Galicia que forman parte da Rede de Praias sen Fume neste 2023. Apenas 10 novos areais sumáronse este verán a unha rede que chega só a 27 concellos de toda Galicia, dos que 9 da Costa da Morte.
Un deles é o de Muros, que suma á rede os areais de Área Maior, Agrocovo, O Fogareiro, O Portiño do maio e Reimúndez.
Ademais, na Costa da Morte emos as seguintes Praias sen Fume:
- Cabana: Rebordelo.
- Camariñas: Arou, Lingunde, Ariño e O Lago.
- Carnota: Mar de Lira, San Mamede (Boca do Río), San Pedro, e Lariño.
- Corcubión: Quenxe e Santa Isabel.
- Dumbría: Ézaro.
- Laxe: Arnado, Traba, Soesto, Laxe Centro e Laxe Esquerda.
- Muros: O Castelo, A Rocha, Ventín-O Salto, Area Maior, Agrocovo, O Fogareiro, O Portiño do Maio e Reimúndez.
- Muxía: Cruz e Area Maior.
- Ponteceso: Ermida, Balarés, Niñóns, Osmo e Arenla.