Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte serve de escenario inmellorable para unha miniserie 100% galega

A Costa da Morte serve de escenario inmellorable para unha miniserie 100% galega
A Televisión de Galicia estreará hoxe martes 14 o filme "Mar Libre" a partir das 22:00h, unha miniserie de dous capítulos, a primeira produción galega 100x100, coproducida por Ficción Producciones e TVG. Unha miniserie que se grabou na Costa da Morte, i é que non hai mellor lugar no país que os nosos escenarios naturais. Os tesouros naturais dos concellos de Carnota e Muros serviron de escenario para a rodaxe. Zonas como Caldebarcos ou Louro serviron de inmebllorables espacios para as sesións de filmación, que se completaron con outras zonas do litoral galego como a Illa de Sávora, Agolada, Chaián ou o Monte Pedroso.

Produto 100% galego

Este telefilme galego demostra que o audiovisual en Galicia está a altura de calquera outro produto nacional: un filme producido co 98% do equipo galego, tanto artístico como técnico, o 100% das localizacións en Galicia (Chaián, o Monte Pedroso, Agolada, a Illa de Sálvora, Redondela, Carnota…); un 80% de exteriores naturais espectaculares onde se gravou o telefilme en cinco semanas, unha historia local pero ao mesmo tempo universal…, todo isto convérteno nunha obra que, se espera, teña un acollemento na televisión tal e como o tivo na estrea, con máis de 1000 persoas na sala.

Datos da serie

A serie, dirixida polo director novel Dani de la Torre, "nace da necesidade de contar un anaco escondido da nosa historia. No contexto da industria da salga do peixe na costa galega, un heroe do pobo, encabezará unha loita pola vida e a liberdade”. Mar Libre é unha historia de amor no medio dunha revolta social pesqueira, é un relato épico con moita acción, aventuras, mortes e desenganos situados no marabilloso plató natural que é Galicia enteira. O filme está protagonizada por William Miller (Hay alguien ahí, e actualmente en Hispania), Luís Zahera (Celda 211, Sin tetas no hay paraíso, Mareas Vivas…), María Vázquez (Padre Casares, Mataharis…), e Jose Ángel Egido (Los lunes al sol, Águila Roja…). Aos que acompañaron actores da talla de José Olveira “Pico”, Chisco Amado, Xosé Barato, Miguel de Lira, Xúlio Abonjo, Isabel Naveira, Mela Casal ou o catalán Jordi Banacolocha.

Sinopse

1789, Na costa de Galicia crece unha próspera industria de conserva de sardiña, os fomentadores cataláns, impulsores quince anos atrás, recollen o beneficio da súa visión de negocio. Pero un deles, Amadeo Curt, explota aos pescadores que traballan para el, amasando cada vez máis fortuna e poder, con métodos de escravitude e extorsión. Os pescadores, cansados e impotentes ante o tirano, non logran atopar unha solución. Ese mesmo ano, regresa Anxo Estrada, Capitán da Real Armada que, quince anos antes, fuxira do pobo ao morrer o seu pai. Pedro, pai de Anxo, é o único que se opuxo aos métodos de Curt, que consideraba abusivos e esquilmadores, e tentou liderar ao seu pobo contra o catalán. Pero as promesas de prosperidade para todos de Curt, convenceron ao resto de pescadores, que lle deron as costas ao seu paisano. Nun acto de sabotaxe ás redes do catalán para non perder as súas, Pedro falece arrastrado polos operarios de Curt, ante a mirada do seu fillo e a da súa filla Irene. Anxo, un neno aínda, pasa a ser tutelado por Ayala, un capitán da Real Armada, que se atopaba de paso no pobo e vive todos os acontecementos. Despois de despedirse da súa irmá Irene, que se queda no pobo, tutelada por María, a nai do seu mellor amigo Pincho, Anxo parte con Ayala ás Américas. Á súa chegada, Anxo observa a florecente industria da salgadura, e o moito que prosperou Curt. O reencontro coa súa irmá Irene, casada co seu amigo Pincho, faille revivir a súa nenez, pois Pincho lle pide axuda para combater a tiranía de Curt. Anxo, canso de guerras, non lle fai caso e se mantén ao marxe. Pouco despois coñece a Montse, a fermosa filla de Curt, prometida a Marcos, o xefe da Intendencia. Dende o primeiro momento que se ven, xorde o frechazo e se namoran. Durante a festa de Sanxoán, Irene, é violada e asasinada por Marcelo, un dos sicarios de Curt. Anxo e Pincho, axudados por D. Ramón, o sacerdote, e por Durán, outro fomentador catalán rival de Curt, lideran unha revolta en contra do catalán e os seus terribles métodos. Curt e Iván, o seu sicario máis temible e un asasino desapiadado, amparados polo brazo da xustiza, representado por Marcos, que ve como a súa prometida Montse se fuga co capitán, inician a persecución dos rebeldes que pouco a pouco logran a ruína de Curt, pero sobre todo inician o camiño para recuperar a súa liberdade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios