Adisbismur invita a marcar a X Solidaria na Declaración da Renda cunha imaxe simbólica
Fermosa a imaxe que protagonizaron os usuarios de Adisbismur esta pasada mañá de mércores 3 de abril co gallo da apertura da campaña da Declaración da Renda. Unhas 100 persoas en total achegábanse cos seus paraugas ao Cunchudo
Leron o manifesto entre Fina Lestón (directora de Adisbismur), Manuel González (alcalde de Outes), Anxo Núñez (tenente alcalde), Antonio Caamaño (concelleiro de benestar), Francisco Calo (representante do PP de Outes) e Soledad Agra (responsable da area de igualdade da Deputacion).
”Máis que nunca, é necesario contribuír ao funcionamento das entidades que defendemos os dereitos da cidadanía. Somos un servizo esencial que está na primeira liña loitando contra os efectos provocados trala pandemia polo COVID-19 e da crise económica e social actual da inflación e a guerra de Ucraína, e que o seguirá a facer cando esta remate”, sinalaba o manifesto.<
Como marcar a X Solidaria
Cada Administración permite que os e as contribuíntes decidan o destino do 0,7% dos impostos que se recadan mediante o IRPF. Cando alguén fai a declaración da renda ten CATRO alternativas:
- Marcar o recadro de ‘fins sociais’ (“Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”) e destinar o 0’7% dos seus impostos para que as entidades de carácter social poidan realizar proxectos coas persoas que máis o precisen.
- Marcar os dous recadros: ‘Fins sociais’ e ‘Igrexa Católica’ e destinar deste xeito, o 0’7% dos teus impostos a cada un, é dicir un 1’4%.
- Marcar só o recadro da ‘Igrexa Católica’.
- Non marcar ningún recadro e que sexa o Estado quen decide o que se fai con ese 0’7%.
”Decidir o que queremos que se faga cos nosos impostos é un dereito que non todo o mundo pon en práctica. O noso obxectivo é que a xente maxente marque o recadro e decida”, e explican que “marcando o X Solidario, o recadro de ‘Fins Sociais’, NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións e podemos contribuír á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan. Porque marcando o cadro de fins sociais loitamos para cambiar a situación de miles de persoas, máis de 13 millóns de persoas viven en risco de pobreza a nivel estatal, 678.000 en Galicia. 237.769 destas en pobreza severa.
A propia entidade foi unha das máis de 140 entidades de Galicia que recibiron cartos este ano graxias á X Solidaria. O ano pasado puido máis de 7.000€ para mellorar os seus talleres ocupacionais.