Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un iate á deriva atravesa o Atlántico e acaba na praia de Area Maior

Barco abandonado en Louro-FOto-Manuel Maria Candamo
Foto de Manuel Maria Candamo
Un iate á deriva atravesa o Atlántico e acaba na praia de Area Maior

Sorpresa este mediodía de xoves 9 de novembro no areal de Area Maior, de Louro, Muros. Un barco, un catamarán, abandonado aparecía varado no medio do areal. Un veciño da zona, o eterno colaborador Manuel María Candamo, avisaba ao 112,

Ao lugar achegouse o GES de Muros, que sinalou que se trata dun barco de bandeira eslovaca, cuxo tripulante foi rescatado nun naufraxio en augas de Estados Unidos, segundo trasladou o GES de Muros, que estivo inspeccionando o interior do veleiro. As pintadas do exterior refiren ao United States Coast Guard (Salvamento de Estados Unidos). 

As primeiras hipóteses apuntan a que o barco estivo á deriva durante semanas nas que cruzou o océano Atlántico ata tocar terra na costa galega empuxado polos temporais costeiros que se suceden no litoral durante as últimas xornadas.

Barco abandonado en Louro-FOto-Manuel Maria Candamo 2
O GES de Muros xa investigando Foto: Manuel Maria Candamo 

Comentarios