Aprobado o POS de Muros
Finalmente o Concello de Muros non perderá os preto de 250.000€ do Plan de Obras e Servizos, este Plan da Deputación que tantos problemas están xerando nos concellos, demostrando unha vez máis a falta de unión nos salóns de plenos da bisbarra.
Nun pleno extraordinario (5º pleno do mes e 3º extraordinario, estes a 450€ o pleno de custe) celebrado hoxe esta mañá de martes 29 de novembro aprobáronse as obras que se inclúen no POS 2012 para Muros.
Cun orzamento de 250.060'20€ aportados pola Diputación e 8.040'42 € polo concello, as obras que xeraron consenso entre os grupos da corporación municipal son as seguintes:
- Muro de contención no campo de fútbol de Miraflores (92.267'82 €).
- Camiño de baixada á Piela-Tal (68.540'30 €), onde se están rematando as obras para a granxa mariña de orella de mar, .
- Gastos correntes (97.292'50 €).
Máis obras
Ademais a alcaldesa Caridad González comprometeuse a resolver o problema da obra de saneamento do Portiño.
Crédito ICO
Ademais hai unha nova convocatoria dende alcaldía un pleno extraordinario para solicitar un crédito ICO. Este é un tipo de crédito pensado para institucións públicas cunhas condicións moi favorables.
A moción foi votada en contra polo BNG muradán, ao considerar que "non é necesario se ollamos aos dous novos asesores de urbanismo que cobran a friolera de 5300 € mensuais por acudir ó concello unha ou dúas veces á semana".
Novas relacionadas
- O BNG denuncia que Muros pode quedar sen POS.
- QPC e Certo unen a Costa da Morte e a Barbanza.
- BNG e PSOE cargan contra as gaiolas de salmón da ría de Muros.
- O BNG de Muros pide o arranxo paseo de Esteiro e a colocación dunha sinal no Corridor de Noia.
- O Concello de Muros faise cunha parcela para a creación do Viveiro de Empresas.
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Muros.