Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Arrancan o Castelo Rock a Festa da Carballeira de Zas con claras mensaxes contra o acoso

Arrancan o Castelo Rock a Festa da Carballeira de Zas con claras mensaxes contra o acoso
Esta noite arranca en Zas unha nova edición da Festa da Carballeira. E xa van 35. A partir das 21:00 horas comezará a soar a música na carballeira de Velar  cun festival "máis folk ca nunca". Pelepau, Niamh Ní Charra, Sés e The Fatty Farmers encargaranse de darlle comezo a un dos festivais máis agardados do ano. Ademais da música e das actividades paralelas ao redor dela, a organización vén de unirse á iniciativa #NonéNon sumándose así á campaña contra o acoso e contra a violencia machista. Dende a dirección do festival, e de xeito conxunto co concello de Zas, preparáronse uns carteis e unha imaxe na cal a Carballeira se quere unir a esta iniciativa, que rexeita de forma radical calquera mostra de violencia contra as mulleres.  

O CIM de Muros, no Castelo Rock

Esta fin de semana celébrase en Muros a XV edición do Castelo Rock. Nesta edición o festival contará cun Punto de Información do CIM Muros, no que se prestará apoio ao público asistente ao festival. Contarán con material divulgativo da Secretaría Xeral de Igualdade, coma o Decálogo contra a Violencia Sexual, e darán a coñecer os servizos que se ofrecen dende este Centro de Información á Muller. Así mesmo realizarán obradoiros de chapas nas que os/as participantes do festival poderán crear a súa propia mensaxe a prol da igualdade e contra as violencias machistas.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/galicia-escocia-e-xapon-protagonizan-unha-festa-da-carballeira-de-zas-mais-folk-ca-nunca/ https://quepasanacosta.gal/o-castelo-rock-e-o-nexo-de-union-co-que-crecimos-e-medramos-moitos-muradans/

Fonte

Comentarios