Sábado. 07.12.2019
El tiempo

As deficiencias nos centros de ensino de Muros e Esteiro preocupan á veciñanza

As deficiencias nos centros de ensino de Muros e Esteiro preocupan á veciñanza

A alarma e a confusión está presente nas Anpas dos Colexios de Muros e Esteiro tras coñecer que hai importantes danos que afectan ás estructuras dos centros. Parece ser que a cousa non é moi grave, e se ben o colexio Ramón de Artaza de Muros parece conservarse en bo estado, o CEIP Ricardo Tobío de Esteiro si que ten algunha deficiencia.

Tamén engaden dende a posición que o colexio de Louro, as unitarias de Muros e Tal e os dous institutos, tamén teñen necesidades que cubrir, tanto de obras e mantemento como de persoal ou organizativas.

Deste xeito, os concelleiros nacionalistas de Muros solicitan unha reunión do Consello Escolar Municipal, para que toda a comunidade educativa estea informada. Ademais entenden que a alcaldesa debería ter aproveitado a visita do xefe territorial de Educación para trasladarlle a situación concreta de todos e cada un dos centros de ensino e as súas necesidades, e critican que "en lugar disto, limitáronse a acompañalo ao patio de UN dos colexios".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de María Xosé Alfonso Torres, portavoz dos concelleiros nacionalistas de Muros.

Comentarios