Venres. 29.03.2024
El tiempo

3 edís nacionalistas de Muros abandonan o BNG e quédanse coas actas de concelleiros

3 edís nacionalistas de Muros abandonan o BNG e quédanse coas actas de concelleiros

Apenas un mes despois de que a Executiva Nacional do BNG convencese aos edís do BNG de Muros de desbotar a moción de censura, uns 24 militantes do BNG de Muros decidiron solicitar a súa saída do BNG. E o fan "despois dunha profunda e longa reflexión", continuando a longa listaxe de militantes que abandonan o partido.

Os 3 edís, iso si, quedan ca acta de concelleiros, xa, non adscritos.

Sinalan que xa viñan tendo dende hai tempo "profundas discrepancias co funcionamento e discurso do BNG", ao que se lle sumou "o descontento xerado polos últimos acontecementos relacionados cunha posible moción de censura no concello de Muros".

Así as cousas, parte destas 24 persoas están vinculadas a Máis Galiza e "non descartan integrarse no novo proxecto común nacionalista que se está xestando, sempre e cando este non sexa un BNG bis, se centre nos problemas reais da sociedade, e garanta un maior achegamento á sociedade e polo tanto ás súas bases cun discurso claro e cun funcionamento máis participativo e democrático".

Como dicimos, entre estas 24 baixas están os tres edís nacionalistas encabezados por María Xosé Alfonso que acordaron manter as súas actas de concelleiros porque por enriba de todo está o compromiso acadado cos seus votantes de traballar para Muros co programa que foi elaborado conxuntamente coa cidadanía muradá.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Muros.

Comentarios