Asoar e un cento de voluntarios limparán este sábado os fondos da ría de Muros


ASOAR-ARMEGA está a organizar a XII Xornada de “Limpando as nosas Rías” que se celebrará o vindeiro sábado 09 de abril no porto de Muros. Esta Xornada ven enmarcada dentro do programa “Limpeza de Rías” que esta Entidade está a levar a cabo por todo o litoral galego dende o ano 2007.
Participarán de xeito voluntario na Xornada embarcacións de pesca de baixura do porto de Muros, mergulladores da zona e outros que se achegarán de distintos puntos de Galicia e que xa teñen experiencia doutras ocasións. Ademáis tamén participará un importante colectivo social de Muros que nos derradeiros días se está volcando e interesando pola actividade, polo que se estima que se chegarán a reunir, aproximadamente, entre mariñeiros, mergulladores, e voluntarios en terra, un cento de persoas que se encargarán de levar a cabo as labores de extracción, retirada e clasificación dos residuos que se encontran depositados no fondo do mar e que o están a contaminar, para finalmente seren trasladados, por unha empresa cualificada en xestión de residuos, ás plantas de reciclaxe correspondentes dependendo do material de que se trate.
Desenvolvemento da xornada
A Xornada comezará ás 9:00 da maná no porto de Muros, onde se reunirán os participantes para coordinar as tarefas e repartir o material necesario para desenvolvelas axeitadamente, prolongándose os traballos até as 14:00 horas. A actividade constiste na retirada de residuos sólidos que están a contaminar os fondos mariños para posteriormente trasladalos a porto, onde se procede a súa separación dependendo da a súa composición e se depositan nos contenedores dispostos para elo, non sen antes limpalos de lodos e retirar aqueles organismos mariños vivos que veñen adherilos aos mesmos.
Educación ambiental
Estas tarefas serán complementadas con actividades de educación ambiental e de conservación do medio mariño para os máis pequenos, tendo xa convocadas as diferentes AMPAS dos colexios da zona para que acudan a cita, tratando de interiorizar desde as primeiras idades hábitos de vida sostibles. Asemade, tratarase de concienciar á poboación en xeral, e en concreto á de zonas costeiras, da necesidade inminente de protexer e coidar os ecosistemas mariños para garantir a conservación de especies, crendo necesario un cambio de actitude ante o medio mariño.
Estas actividades, dirixidas aos máis novos, que se desenvolveran paralelamente no porto, consisten en recuperar os organismos mariños vivos dos residuos extraídos, limpándoos e introducíndoos nuns acuarios temporalmente para logo ser devoltos, ao remate da xornada, ao seu medio natural..
Así, con este tipo de Xornadas preténdese, non só limpar e recuperar o entorno marino para que as especies que nel habitan teñan unhas condicións óptimas para o seu desenrolo, senón tamén exercer labores de concienciación e sensibilización sobre a necesidade de manter os nosos mares limpos e aprender a coidalos e respetalos.
Financiamento
Nesta ocasión a xornada está financiada pola Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia e colaboran na mesma: o Concello de Muros, a Confraría de Pescadores de Muros, a Asociación SORUM de Muros, a CEMMA, GREENPEACE, ADEGA, o Club do Mar de Ferrol, ademáis de voluntarios que a título personal se encargarán de colaborar na actividade.
"Limpando as nosas rías"
- 14-12-09: 12 toneladas menos e un novo exemplo de sustentabilidade no mar.
- Limpando a ría de Camariñas.
- Limpando a ría de Corcubión.
- Limpando a ría de Fisterra.
- Un repaso sustentable á ría de Corcubión.
- Editorial: Limpando, propoñendo e concienciando.
Máis novas
- A profesión de redeira ten futuro.
- A Asoar – Armega defendeu a Pesca Artesanal en Bruxelas.
- Un novo premio ao Traballo Digno da Asoar-Armega.
Novas de Divulgación e dignificación no mar da ASOAR
- Asoar-Armega achega o mar aos pequechos do CEIP Mar de Fóra cunha exposición e charlas cos mariñeiros.
- A pescada “Aida” achega aos nenos das terras de Fisterra a realidade mariña e o respecto ao medio.
- A Asoar achega o mar aos alumnos do colexio de Quenxe.
- Asoar-Armega achega o mar aos nenos a través dun conto.
Seguridade no mar
- Exercicios prácticos e reais de Salvamento en Laxe coa Asoar-Armega.
- A Asoar Armega traballa a nivel estatal pola seguridade no mar.
- ASOAR presenta en Corme a Guía de boas prácticas para o percebe.
- Sesión práctica e real de salvamento en Camariñas.
- Polo uso dos equipos de salvamento no mar.
- ASOAR-ARMEGA recibe unha nova axuda para desenvolver guías de prevención de riscos laborais no mar.
Fonte
- Nota de prensa da Asoar-Armega.