Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia constitúese para oficializar a ruta xacobea

Asociacion de Concellos Camino Ria Muros Noia
A alcaldesa de Muros Inés Rey (terceira pola dereita), non faltou á constitución da Asociación de Concellos Camiño Ría Muros-Noia
A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia constitúese para oficializar a ruta xacobea
Segue dando pasos cara a institucionalización o Camiño da Ría de Muros-Noia. E este 2020 está sendo fundamental para un proxecto que xa leva uns 5 anos en marcha. O novo fito foi a creación da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, integrada polos 9 concellos polos que discorre este camiño: Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago de Compostela.

Onte celebrábase a súa primeira asamblea xeral para a constitución da entidade, coa aprobación de orzamentos (uns 18.000€) e das primeiras accións que levará adiante ata fin de ano.
A presidencia da nova entidade recaeu na tamén presidenta da Ría da Estrela e alcaldesa de Lousame, Terera Villaverde, mentras que a vicepresidencia foi para o alcalde de Noia, Santiago Freire; o cargo de tesoureiro será desempeñado polo alcalde de Outes, Manuel González; a secretaría o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Turismo de Ames, Manuel Lens, e a vogalía na alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo.

O obxectivo é conseguir o antes posible o seu recoñecemento como itinerario cultural, para que así poida optar ás axudas públicas que se convocan para esta finalidade. E de feito, xa este martes, a entidade celebrará o seu primeiro encontro oficial co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodriguez.

Accións

Ademais das reunións, os Concellos avanzan no proceso de sinalización e delimitación do roteiro, que deberían estar finalizados en outubro para que se poida presentar oficialmente o percorrido oficial deste itinerario cultural.

A entidade ademais puxo en marcha os traballos de creación de imaxe corporativa e web así como para a participación da asociación en Fairway, a Feira sobre o Camiño de Santiago, que se celebrará en Compostela do 8 ao 10 de novembro.

Novas relacionadas

Comentarios