A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia constitúese para oficializar a ruta xacobea
Onte celebrábase a súa primeira asamblea xeral para a constitución da entidade, coa aprobación de orzamentos (uns 18.000€) e das primeiras accións que levará adiante ata fin de ano.
A presidencia da nova entidade recaeu na tamén presidenta da Ría da Estrela e alcaldesa de Lousame, Terera Villaverde, mentras que a vicepresidencia foi para o alcalde de Noia, Santiago Freire; o cargo de tesoureiro será desempeñado polo alcalde de Outes, Manuel González; a secretaría o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Turismo de Ames, Manuel Lens, e a vogalía na alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo.
O obxectivo é conseguir o antes posible o seu recoñecemento como itinerario cultural, para que así poida optar ás axudas públicas que se convocan para esta finalidade. E de feito, xa este martes, a entidade celebrará o seu primeiro encontro oficial co conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodriguez.
Accións
Ademais das reunións, os Concellos avanzan no proceso de sinalización e delimitación do roteiro, que deberían estar finalizados en outubro para que se poida presentar oficialmente o percorrido oficial deste itinerario cultural.
A entidade ademais puxo en marcha os traballos de creación de imaxe corporativa e web así como para a participación da asociación en Fairway, a Feira sobre o Camiño de Santiago, que se celebrará en Compostela do 8 ao 10 de novembro.
Novas relacionadas
- Xullo 2020: O Camiño da Ría de Muros e Noia, máis preto de converterse en ruta de peregrinación oficial.
- Xullo 2020: Camariñas estudia a nova vía Xacobea do Camiño da Resurrección.
- Febreiro 2020: A Asociación de Amigos do Camiño pola ría de Muros e Noia segue andando para institucionalizar a ruta Xacobea.
- 2016: Muros recupera o Camiño dende o Arciprestado de Entíns a Compostela.
- 2015: Muros xa saúda con "Bo Camiño”.