Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A A.C.R.D Praia do Castelo espera que 3.500 persoas invadan Muros para o Castelo Rock

Presentacion Castelo Rock 2023
De esquerda a dereita: Aldara Andrade (vicepresidenta da A. Praia do Castelo), Ángel Vázquez (presidente), Pablo (representante de Mahou), Inés Monteagudo (alcaldesa), e Libertad Romero (tesoureira)
A A.C.R.D Praia do Castelo espera que 3.500 persoas invadan Muros para o Castelo Rock

Xa nos avanzaran o programa pero este venres tivo lugar a presentación oficial da XIX edición Castelo Rock. A nova directiva da A.C.R.D Praia do Castelo presentou, xunto á alcaldesa, a proposta musiqueira para encher Muros a fin de semana do 21 e 22 de xullo.

Durante a presentación, o presidente da directiva Ángel Vázquez fixo un repaso da traxectoria da asociación, agradecendo enormemente todo o traballo realizado as antigas directivas, e agradecendo a colaboración da Deputación da Coruña, así como do concello de Muros, e demais patrocinadores, entre eles a Mahou, que de feito contaron ca presenza do representante de zona da marca, Mariscos Antón, Federópticos San pedro, etc.

Programa

A entidade esperan arredor de 3.500 persoas, para disfrutar dous días de música combativa. O venres día 21 subiranse ao escenario os galegos Dakidarria, os locais The Rapants, Sinkope, O´Funkillo, Itaca Band, e os coruñeses Tregua, e para amenizar os intercambios así como o inicio e final do festival, contarán coa actuación da Duendeneta.

A axenda do sábado 22, trae outra tanda de rock&roll da man do Drogas, que volve ca súa xira 40 aniversario, os incombustibles Ilegales, Mafalda, Me fritos and the gimme Cheetos, os muradáns Archivo Adxunto, os australianos LOLA e da mesma maneira que a Duendeneta, esta vez será o dj Sergi o encargado de amenizar o tempo entre concertos.

ACTIVIDADES

Ademais das noites de concertos hai unha marea actividades de día, nun marco incomparable como e a vila de Muros, contando cas actuacions dos Festicultores Troupe, Adhara and Ritman, Uxia Lambona e a banda molona, e o orfeón de Muros, que desta vez cambiará as habaneras polo rock and roll.
A maiores comentaron tamen que teran diversas actividades para os mais pequenos, posto que son o futuro da asociación.

Entradas

As entradas anticipadas serán os abonos de 28€ + gastos de xestión e as entradas por día serán de 23€ + gastos de xestión. É posible conseguilas nas webs www.castelorock.gal e https://www.wegow.com.

Cartel Festival Castelo Rock 2023
Cartel Festival Castelo Rock 2023

NOVAS DO FESTI

Comentarios