Martes. 16.04.2024
El tiempo

As mellores bandas nacionais maridan coa calidade muradá no XIX Festival Castelo Rock

Cartel Festival Castelo Rock 2023
As mellores bandas nacionais maridan coa calidade muradá no XIX Festival Castelo Rock

Tralo exitazo do ano pasado, o Festival Castelo Rock de Muros xa ten marcada a súa data para a XIX edición. A renovada A.C.R.D Praia do Castelo, despois dun traballazo brutal nestes últimos dous meses, invita a reservar a penúltima fin de semana de xullo (21 e 22 de xullo) para festexar esta cita na a vila muradá se convirte no epicentro do rock nacional.

O festival volve apostar polas bandas do estado, con grandes históricos como El Drogas (un clásico do festi que volve presentando o 40 aniversario de Barricada), Ilegales ou O Funk’illo; aderezadas da mellor calidade da música local como poden ser The Rapants (que se estrean no festi da casa), os tamén muradáns Archivo Adxunto, a carnotá Adhara & Ritman ou o Orfeón Ría de Muros.

Polo medio, algunha incursión internacional como os australianos Lola, bandas importantes do panorama estatal como as valencianas Mafalda, Sínkope, os asturianos Me Fritos and The Gimme Chetos, ou as barcelonesas Ítaca Band; e bandas referentes do país como os das rías baixas Dakídarría, os herculinos Tregua, ou os Festicultores Troupe, que farán bailar a todo Muros.

Pero ademais, tamén darán un impulso ás actividades diurnas, con espectáculos divertidos como o de Uxía Lambona e a Banda Molona ou La Duendeneta, a discoteca móbil vintage do mercado.

Toda a info en http://castelorock.com/

Novas do Festi

Comentarios