Cazan o raio verde dende o Ancoradoiro
23:44 01/06/20
Todos os fotógraf@s andan tras del, pero poucos teñen a paciencia, a sorte e a calidade para cazalo. É o raio verde, ese fenómeno óptico que acontece coa última luz do solpor ou a primeira do mencer, que se torna verde polo efecto de descomposición de cores que provoca a atmósfera.
O pasado venres 29 de maio cazouno de cheo Manuel María Candamo, dende o Ancoradoiro, Muros. “Todos os fotógrafos andamos detrás deste fenómeno do raio verde para collelo no seu punto polo menos unha vez na vida. Téñoo visto máis veces pero nunca tan ben como este venres”, explica. “Ten que ser un día moi moi clariño, sen nubes, pero é un espectáculo, dura apenas 6-7 segundos, e podes sacar unha boa serie de fotos”.
Novas relacionadas
- 2017: Mar de Ardora no San Xoán de Nemiña.
- Setembro 2015: A Ardentía ilumina o mar do Pindo.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).