Luns. 16.09.2019
El tiempo

Mar de Ardora no San Xoán de Nemiña

Mar de Ardora no San Xoán de Nemiña
Espectacular a Mar de Ardora que cazou Rubén Prieto na praia de Nemiña este San Xoán Espectacular a Mar de Ardora que cazou Rubén Prieto na praia de Nemiña este San Xoán A imaxe deste San Xoán viviuse en Nemiña. E se ben foi a luz a protagonista, non foi a luz das faíscas das cacharelas. Foi a luz do mar, esa Ardentía, ese Mar de Ardora que non degustábamos dende aquela fermosa estampa do Pindo en 2015. Cazouna o polivalente Rubén Prieto que entre Hormiguero e Hormiguero escapa ca súa autocaravana a gozar das súas terras. E unha desas praias fetiche é a muxiá Nemiña, onde Rubén montara o chiringuito completo para disfrutar dunha boa sardiñada cos amigos do Nemiños SCM Surf Club. Pasadas a 1:00h da madrugada un membro do equipo alertou da Ardentía. “Nós pensamos que era un engano para que nos achegásemos mentres el comía as sardiñas”, bromea Rubén, que se puxo tan nervioso que non sabía se bañarse ou ir pola cámara. entre berro e berro de emoción dos asistentes, deulle tempo a darse un baño e ir correndo pola cámara para tomar estas fotazas de longa exposición (2-3 segundos) que se ben collen algo máis luz que o normal, son fotos sen procesar, dando conta da beleza e maxia deste fenómeno que protagoniza unha alga chamada Noctiluca que se ilumina como un mecanismo de defensa para evitar ser comida, pois así se un peixe a come iluminaríase e outro depredador máis grande o atoparía fácil para comelo el. De feito, a estampa era tan brutal que mesmo collendo a auga cas mans a luz aguantaba brillante. “Era coma se tiveses 7 vagalumes na man”, apunta Rubén. “Tiño os calzóns negros e parecía que tiñan purpurina, igual que en Avatar cando salpican todo”, explica. Rubén conta que xa vira unha vez algo semellante na praia corcubionesa de Quenxe, “volvendo de marcha ás 4:00h da mañá, que ata nos bañamos, e lembro lanzarme ao auga e de súpeto, cos ollos pechados e baixo a auga ver unha luz tremenda. Abrín os ollos e flipei. Pero bueno, así como o desta vez nunca o vira”.

Gozar e retratar

Como nos comenta o propio Rubén o ideal para fotografar o "mar de ardora" é:
  • Ter unha lente moi luminosa que abra diafragma ata 1,2 ou 1,4 (son jo**damente caras).
  • Unha cámara cun sensor que permita isos altas sen demasiado ruído (grano), neste caso foi unha canon 6D pero mellor tería sido unha sony a7SII por exemplo.
  • Un trípode para usar unha exposición lenta de entre 2 e 4 segundos sen que saia a foto movida (con menos segundos veríase todo negro... e con máis segundos mar de nubes e sin suxeitos nítidos)
  • Neste caso dúas amigas fixeron de modelos e aguantaron do frío posando para as fotos inmóviles durante os 3 segundos que duraba a exposición das fotos. (bastantes intentos agardando pola ola nuns 10 minutos)
Pero o máis importante de todo, antes de facer a foto, é disfrutar o momento, pegarse un chapuzón, alucinar coma monos, como se fósemos avatares en Pandora, berrar, saltar, rir... recoñece un Rubén que sabe que os fotógrafos, co afán de retratar un momento máxico, esquecen disfrutalo. Ambas cousas son posibles, pero no caso de só poder facer unha... non me cabe dúbida: O mellor consello é gardala cámara e gozar.

Datos técnicos

A imaxe principal está feita cunha ISO 10.000, 24mm, f1,4 durante 2,5" segundos. Esta seguinte ten unha ISO 4000, 24MM, F1,4 durante 6" Segundos. Ardentia en Nemina-Foto-Ruben Prieto Incrible a maxia da Ardentía que cazou en Nemiña Rubén Prieto "Como se vería aquelo na realidade sen a maxia e efectos propios da fotografía?" Rubén explícanos que esta imaxe de aquí embaixo é a máis realista, feita a pulso, de pé e sen trípode, sendo tremendamente complicado que non saia algo movida con 0,3 segundos de exposición, con iso 25.600, 24mm e f 1,4. Mar de Ardora en Memina-Vision mais realista-Foto-Ruben Prieto Esta é a versión máis real do que se viu en Nemiña, nunha foto sen trípode e con pouca exposición-Foto- Rubén Prieto Haberá que estar atento este verán a ver se repite a estampa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios