Muros prepara un Ciclo da Música para darlle protagonismo aos aprendices

07:48 10/06/24
Este mes de xuño celébrase en Muros o Ciclo da Música, organizado conxuntamente polas concellerías de Ensino e Lingua e a de Cultura.
Serán cinco concertos da Escola Municipal de Música no Curro da Praza e o Areal de Esteiro, e un concerto conxunto co conservatorio de Noia na área recreativa do Artón, en Esteiro.
Os veciños e veciñas de Muros serán testemuñas da evolución do alumnado da escola durante o curso, con recitais de violín, piano, guitarra ou música moderna, ademais dun concerto das aulas de adultos.
Para pechar o ciclo, a plaza do Mercado de Muros acollerá un concerto da cantautora MJ Pérez, coa colaboración da Deputación da Coruña.