A Consellería elimina, tralas queixas do sector, só a parte superficial das polémicas gaiolas de salmón da ría de Muros

Desmantelando as gaiolas de salmón de Muros

Facíamos públicas o pasado mes de decembro as queixas dos mariñeiros da ría de Muros polo perigo que supuñan as abandonadas gaiolas de salmón. E non tardou, agora, a Consellería do Mar en tomar cartas no asunto, a pesar de levar 8 anos sen uso, e esta semana procedeu á eliminación da parte superficial das gaiolas.

As gaiolas levan sendo un grave perigo para as embarcacións, e de feito, levan moitos anos denunciando o desprendemento de partes da estrutura, e mesmo xa houbo algún cerqueiro de Portosín que quedou enganchado. A realidade é que durante esta semana eliminaron a parte superficial, pero dende a Consellería non poden asegurar que van quitar as fixacións xa que as concesións, a pesar das denuncias do BNG, seguen vixentes aínda que a empresa estea en creba.

En calquera caso, dende o pósito consideran que terían que balizar a zona, porque é, a efectos reais, un polígono, mentres non se anulan as concesións.


Proceso de desmantelamento das gaiolas


Así estiveron durante 8 anos as gaiolas de salmón diante do Monte Louro


Así están a día de hoxe aparcadas no peirao

Histórico das Xaulas de Salmón