Martes. 23.04.2024
El tiempo

Piden a retirada das gaiolas de salmón de Muros

Xaulas salmon diante do Monte Louro
As gaiolas de salmon abandoadas diante do Monte Louro
Piden a retirada das gaiolas de salmón de Muros

Hai un par de semanas denunciabamos o perigo que supoñen para as embarcacións as gaiolas de salmón abandonadas dende hai anos na costa de Louro. Onte recibíamos a primeira reacción política da man do grupo parlamentar do BNG que solicita a súa retirada.

A deputadas Rosana Pérez e Carme González e do deputado Daniel Castro, presentaron nesta semana unha proposición non de lei perante o Parlamento Galego na que “instan a Xunta a proceder canto antes á retirada das estruturas metálicas das gaiolas de Salmón que a empresa norueguesa North West Food trasladara, no ano 2011, dende a ría de Arousa á ría de Muros e Noia”.

Lemnbran que “o seu deterioro está a producir serios atrancos aos profesionais do sector para poder realizar o seu traballo con normalidade, que denuncian o desprendemento dos cabos de suxeición das gaiolas e o perigo que isto supón”.

De feito, a retirada destas gaiolas foi xa solicitada en múltiples ocasión tanto polos profesionais do mar.

Histórico das Xaulas de Salmón

Comentarios