Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Continúa a polémica nos Xulgados de Muros pola expulsión da voceira do BNG dun pleno

Continúa a polémica nos Xulgados de Muros pola expulsión da voceira do BNG dun pleno

A historia de xulgados chega do 7 de xullo de 2011, cando a voceira do BNG María Xosé Alfonso era expulsada do pleno municipal pola alcaldesa Carida González. Unha expulsión que acaba no Xulgados cunha demada interposta pola voceira da oposición, i é que naquel pleno o PSOE, cunha edil nacionalista menos, sacou adiante as partidas de retribucións para o seu equipo de goberno municipal.

E se o BNG demandaba a acción, a a alcaldesa socialista presentaba un escrito de oposición ante o xulgado do contencioso-administrativo nº 3 dos da Coruña, por medio do asesor xurídico que contratou para o concello. Un escrito, que para o BNG "é unha mostra máis da nula credibilidade que merece. Non hai máis que ler este escrito e ler a acta do citado pleno para ver as claras contradicións nas que incurre a alcaldesa no seu afán de xustificar o inxustificable".

No escrito o grupo de goberno asegura que "Al inicio del pleno, y tal y como reconoce sorpresivamente la propia demandante, sin que estuviera en el uso de la palabra, y sin que se iniciase el debate, la concejal Doña Maria José Alfonso Torres, comenzó a insultar y amenazar a la Sra. Alcaldesa".
Pola contra, dende o BNG sinalan que "na acta dese pleno celebrado o 7 de xullo de 2011, acta aprobada posteriormente polo grupo socialista, pódese comprobar con só leela como a alcaldesa Caridad González expulsa á concelleira nacionalista María Xosé Alfonso durante o debate do 5º punto da orde do día, sen ningunha advertencia previa e estando a concelleira no uso do seu turno de palabra".

Dende o BNG critican as "afirmacións contraditorias do escrito", e "dubidan da credibilidade do asesor xurídico do Concello". "Isto non é máis que outra proba da maneira de actuar da alcaldesa de Muros, para xustificar un claro abuso de poder expulsando a un membro da corporación para quedarse coa maioría suficiente e sacar adiante as súas retribucións agora míntelle descaradamente ao xulgado", sinalan dende o BNG.
Un BNG que ademais denuncia que cobra "a friolera de case 3000 €/mes por acudir ao concello dous días á semana". "Pode estar contenta e tranquila a cidadanía de Muros con este “asesor”?", pregúntanse dende a oposición.

Novas relacionadas

Comentarios