Def con Dos, Soziedad Alkoholika e Reincidentes abren o Castelo Rock 2017
Xa está en marcha a XIV edición do festival Castelo Rock, que terá lugar os días 4 e 5 de agosto en Muros. E os primeiros nomes que coñecemos son os de Def con Dos, Soziedad Alkoholika, Reincidentes, Kaotiko, e Nao.
Falamos de tres das grandes referencias do rock nacional como son Def con Dos, Soziedad Alkoholika e Reincidentes, que alternarán con bandas emerxentes, aceno de identidade do festival. Ademais dos concertos, durante estes días poderase gozar de outras actividades gratuítas como pasarrúas, concertos nas diferentes prazas do pobo, mercadillo, actividades infantís, e moitas mais sorpresas. En definitiva, moito #máisQrock.
Os bonos de dous días poderán adquirirse en oferta de lanzamento por 19,50€ nos diferentes puntos de venda (www.castelorock.com e Oficinas de Correos) a partir do 20 de abril.
Aquí tendes un resumo do ano pasado:
https://www.facebook.com/castelorock/videos/10154601042137399/Fonte
- Castelo Rock.