Venres. 04.10.2024
El tiempo

A Deputación homenaxou a historia fotográfica de Juan e Perpetua Malvárez

Juan e Perpetua Malvarez homenaxe Muros
A Deputación homenaxou a historia fotográfica de Juan e Perpetua Malvárez

Se por Bergantiños Vidal é sinómino de fotografía histórica, e Caamaño pola comarca de Fisterra, en Muros o apelido Malvárez é o directamente vinculado con esta arte.

Onte era a área de Cultura da Deputación da Coruña a que se achegaba á vila muradá para relizar un acto institucional de recoñecemento como 'Fotógrafo histórico' a Juan e Perpetua Malvárez. A cita supuxo o inicio da semana de actividades polo Premio Ksado de Creación Fotográfica.

Xurxo Lobato foi un dos encargados de repasar a historia desta parella, pai e filla, de fotógrafos que retratou a historia da vila, Juan Malvárez Dubert e Perpetua Malvárez Gil.

Destacaron a homenaxe a toda unha avida, un arquivo popular que recolle varias xeracións de familias muradás baixo o selo ‘Foto Malvárez-Muros’.
O arquivo de Juan e Perpetua documenta tamén algunhas das imaxes históricas máis destacadas desta comarca, como o naufraxio do vapor inglés Larpool en 1910 e as instantáneas de Castelao en Lira coas Mocedades Galeguistas dando un multitudinario mitin.
Máis o grosso do seu traballo céntrase na cotiandade da vida diaria: nos retratos familiares para enviar á emigración, as reportaxes de vodas e Primeiras Comuñóns, as fotos do patrimonio e das vilas para reconvertir en tarxetas postais, retratos para o documento de identidade, para o caderno de navegación, para o libro de familia e, xa máis recentemente, para o carné de mariscadora.

Auditorio Muros cheo

Juan e Perpetua Malvarez homenaxe Muros 2

Novas relacionadas

Comentarios