Venres. 26.04.2024
El tiempo

As dornas de Carnota e Muros, xa BIC, no Censo de Embarcacións Tradicionais e Buques Históricos de Galicia

dornas de Muros e Carnota
Algunhas das dornas de Muros
As dornas de Carnota e Muros, xa BIC, no Censo de Embarcacións Tradicionais e Buques Históricos de Galicia

Entre Muros e Carnota, hai máis dunha dúcia de dornas nunha situación especial. Uns barcos tradicionais realizados con técnicas construtivas da carpintaría de ribeira, que son Bens de Interese Cultural dende o pasado mes de maio.

Para seguir facendo medrar ese patrimonio a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial - Culturmar decidiu reiniciar a campaña de solicitudes de inscrición da frota tradicional galega no Censo de Embarcacións Tradicionais e Buques Históricos de Galicia, no marco do Patrimonio Cultural de Galicia.

A declaración é unha vella demanda dos colectivos que integran a Federación e de todas aquelas entidades dedicadas a preservar e promover o patrimonio marítimo-fluvial galego.

Entre as responsabilidades que ten que asumir a Xunta trala declaración está a creación dun órgano de xestión para as medidas de salvagarda das técnicas, que segundo as entidades “debe estar conformado inicialmente pola entidade que representa os carpinteiros de ribeira, que é a Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira (Agalcari) e polos usuarios das embarcacións que fan do seu uso a mellor medida para a súa conservación e difusión, para as cales se propón o recoñecemento tanto das confrarías de pescadores como dos usuarios de lecer agrupados en diversas asociacións na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar)”.

Outro paso adiante será o recoñecemento de mestres carpinteiros de ribeira e de embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galicia, recoñecer singularmente modelos de embarcacións como embarcacións tradicionais galegas ou barcos históricos e validar os documentos técnicos en que se definan os modelos tipolóxicos das embarcacións tradicionais galegas.

XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - 2023

Culturmar paralelamente ten aberto o proceso de presentación de proxectos para a elección de sede do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebrará en 2023.
O Encontro, de periodicidade bienal, é a festa central do patrimonio marítimo e fluvial galego e do Norte de Portugal.
O prazo para a presentación de proxectos xa está aberto e finalizará o 18 de febreiro de 2022.

Izado das velas

Comentarios