Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Eroski Paraíso salta ao cine

Eroski Paraíso salta ao cine
Paraiso Eroski basease na memoria colectiva de Muros Eroski Paraíso basease na memoria colectiva de Muros Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Cristina Iglesias e Luís Martínez será os protagonistas do filme "Eroski Paraíso" que se está gravando estes días no auditorio Constante Liste da Ramallosa, de Teo. Baixo a dirección de Jorge Coira, e coa colaboración entre dúas produtoras culturais independentes: Chévere e OlloVivo Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos de Chévere, así como un dos máis queridos polo público, e que xa percorreu varios escenarios da Costa da Morte. Estreado en Muros en 2016, conta a historia de Álex, unha rapaza que estuda cine en Barcelona e quere facer a súa primeira película documental sobre o día no que se coñeceron seus pais na sala de festas " O Paraíso"de Muros en 1990, xusto antes de que pechara. Unha historia que ten que ver co desarraigo da xeración dos seus pais e coa vontade da rapaza de recuperar as súas raíces para descubrir o seu lugar no mundo. Unha obra que explora o tratamento da realidade no cine e no teatro e as fronteiras entre o real e o representado, entre a ficción e o documental. Unha peza que reflexiona sobre a transformación da sociedade desde os anos 80 ata a actualidade, representada na metáfora da sala de festas reconvertida en supermercado. O director Jorge Coira recolle agora - máis de dous anos despois da estrea do espectáculo - o testigo de pasar á linguaxe do cine a historia que contamos sobre o escenario. Este proxecto afastarase do teatro filmado para ofrecer unha nova lectura do espectáculo teatral de Chévere mediante a súa tradución ao medio cinematográfico. Xira de despedida Dende a súa estrea hai xa máis de dous anos, o espectáculo Eroski Paraíso foi visto por máis de 24.000 persoas en 60 localidades de 11 comunidades autónomas. Entre os meses de outubro de 2018 e xaneiro de 2019, e antes de que a obra deixe de representarse para sempre, emprenderase unha xira de despedida que incluirá varias vilas e cidades galegas  - A Coruña, Vigo, Pontevedra, Gondomar e Teo -, e tamén cidades doutras comunidades como Oviedo, Santa Fe (Granada), San Fernando de Henares (Madrid) e Benavente. Ademais, no mes de novembro, Eroski Paraíso poderase ver en París, dentro do festival Don Quijote. Recentemente, a editorial Kalandraka publicou o texto desta obra dentro da súa colección Biblioteca de Teatro. Na producción deste filme, colaboran empresas como Vegalsa-Eroski e Deleite. Novas relacionadas https://quepasanacosta.gal/a-obra-de-teatro-eroski-paraiso-percorre-a-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/chevere-estrea-en-muros-a-sua-nova-obra-de-teatro-eroski-paraiso/ Fonte

Comentarios