Martes. 16.07.2019
El tiempo

Evacuado en helicóptero un home tras ser excarcelado despois de sufrir un accidente en Esteiro

Evacuado en helicóptero un home tras ser excarcelado despois de sufrir un accidente en Esteiro
Accidente en EsteiroFoto-GES Muros Accidente en Esteiro-Foto-GES Muros

Corrían as 14:00h da tarde cando un vehículo sufría un accidente a altura do cruce do Porto da AC-550, en Esteiro, Muros. Un forte impacto frontolateral deixaba o vehículo en posición vertical co seu condutor, inconsciente e atrapado no interior.

Ao lugar acodían, alertados polo 112, Bombeiros de Cee, Policía Local, G. Civil, Tráfico, Atestados, Ambulancia do 061, GES de Muros e o Helicóptero do 061.

Tiveron que invervir efectivos do GES de Muros e os Bombeiros de Cee para excarcelalo. Unha vez liberado foi evacuado polo helicóptero medicalizado con base en Santiago con pronòstico reservado.

O GES de MUros excarcelando un home tras un Accidente en Esteiro O GES de Muros excarcelando un home tras un Accidente en Esteiro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-ferido-de-consideracion-tras-un-accidente-en-esteiro/

Comentarios