Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Fábrica de Sel acolle unha mesa sobre activismo LGTBI+

  • A charla foi adiada ao 17.
Daniela Fdez activista LGTBI
Daniela Fdez. durante unha charla en Santiago de Compostela
A Fábrica de Sel acolle unha mesa sobre activismo LGTBI+

A zona de Muros estase convertindo na máis reivindicativa da comarca en materia LGTBI+. Desta volta a Fábrica de Sel acolle o vindeiro venres 17 de decembro ás 20 hora unha palestra sobre Memoria Trans organizada pola entidade Avante LGBT+ Ría Norte, creada o pasado mes de outubro, unindo as persoas LGBT+ dos Concellos de Outes, Muros e Carnota.

A palestra é a primeira dunha serie de accións que a organización ten planificado para a bisbarra e que todas elas teñen un eixo de traballo común: visibilizar o colectivo LGBT+ dos entornos rurais e servir como organización de apoio e referencia tanto para as persoas do propio Colectivo como para os seus familiares.

O encontro terá un formato de coloquio moderado polos organizadores do encontro e contará como poñente con Daniela Ferrández, historiadora e activista na asociación “Amizando”.

Desde a organizacións insisten na “importancia de que todos os axentes sociais: docentes, sanitarios, deportistas, pais e nais, tecido asociativo e xuvenil asistan a este tipo de encontros, xa que o ter un carácter aberto e participativo serven para resolver dúbidas e dar respostas e solucións colectivas que axudarán a mellorar o día a día na sociedade das persoas trans, e por tanto, de todo o Colectivo LGBT+”.

Charla LGTBi en Muros

Outras novas LGTBI

Comentarios