Familiares de usuarios de Adisbismur piden unha solución eficaz ao transporte


Continúa aberto o enforntamento total entre a Asociación de persoas con discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur) e o Concello de Muros. O asunto do transporte segue sen deixar a ninguén contento, e foron desta volta, os pais dos usuarios do centro de Valadares os que tomaron a palabra para deixar claro que "non están de acordo cos horarios do transporte adaptado do concello de Muros".
Os familiares denuncian a "falta de eficiencia do servizo de transporte, que dende este luns, o concello de Muros volveu a poñer en marcha, despois de máis dun mes inoperativo".
I é que a día de hoxe son 14 as persoas que usan este servizo e a solución aportada polo concello trala supresión da subvención por parte do Concello, é unha furgoneta con 9 prazas habilitadas, polo que ten que facer dúas viaxes para poder carretar a todas as persoas ata o centro de Valadares.
A problemática está clara: Os primeiros usuarios chegan a Valadares sobre as 9:30 h, pero o horario do centro é de 10:00 a 17:00h. E non hai ninguén que os acompañe e sos non poden quedar xa que a maioría deles teñen discapacidade intelectual.
Deste xeito, os familiares pídenlle ao concello que se reúna con eles e con Adisbismur para poder atopar unha solución correcta para todos porque, segundo afirman, "quen máis perde son as persoas usuarias do centro". Así, non dubidan dende Adisbismur a convidar á alcaldesa a que visite o centro para coñecer as súas necesidades.
Novas relacionadas
- Os usuarios de Adisbismur non poder acodir aos Centros por falta de transporte.
- Adisbismur pide ao Concello unha solución urxente para o seu transporte.
- Adisbismur queda sen transporte ante a falta de apoio do Concello de Muros.
Máis novas
- O PSOE quere declarar fillos predilectos de Muros a Domingo Dosil e 3 alcaldes franquistas.
- Muros estrémecese polo pasamento de Domingo Dosil.
- Aprendendo a coidar un viveiro en ADISBISMUR.
- Os usuarios de Adisbismur tamén son mariñeiros.
- Abidismur forma e contrata xardineiros.
Fonte
- Nota de prensa de COGAMI.
- Nota de prensa de COGAMI.