Ferido de gravidade tras caer dun andamio dende 6 metros de altura
18:35 03/07/23
Un home, de 27 anos, resultou ferido de gravidade esta tarde nun novo accidente laboral tras caer dun andamio. O suceso aconteceu as 16.50 na recta de Tal, en Muros, mentres traballaba nun teito a 6 metros de altura.
Os seus compañeiros avisaban ao 112, que mobilizaba aos servizos sanitarios do 061, o helicóptero medicalizado no que foi trasladado ao Hospital de Santiago.
Tamén foron avisados, a Garda Civil, Policía Local e GES de Muros.