Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fran Lestón descobre na casa a eternidade en 231 días

Fran Lestón descobre na casa a eternidade en 231 días
Fran Leston presenta a sua nova novela na casa

Este domingo 10 de febreiro o Restaurante O Castelo de Muros acolle a presentación dunha novela con raíces muradás. Fran Lestón presenta na casa "La Eternidad en 231 días", unha novela editada por Finisterrae Ediciones que pon á felicidade data de caducidade.

Asistirán ó acto Domingo Guerra París (presidente de SORUM) e Caridad González (alcaldesa de Muros).

Sinopse de "La Eternidad en 231 días"

Un home absorto en si mesmo e illado nun ambiente que lle é alleo, protagoniza un encontro fortuito que cambiará a súa visión da vida. Raquel será a muller que se encargará de descubrirlle as venturas, ensoñaciones e matices da súa existencia; iso si cunha data límite de caducidade. Preguntácheste algunha vez si é posible alcanzar a eternidade en 231 días?

Sobre o autor

Nace en Muros (A Coruña) en 1980. Estudiou Bachiller e administrativo. Traballou en varios sectores, destacando sempre en postos de cara ó público. Durante uns anos interesouse pola teoloxía, compaxinando ou estudo desta co seu traballo. Nos últimos anos dedicouse á hostelería. Define o arte de escribir como a ferramenta ca que causar emocións nas persoas. Agora atrévese con esta primeira novela, da cal está convencido que vai gustar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios