Incautados máis de 200 kilos de bivalvos en Muros

Novo operativo contra o furtivismo o acontecido onte en Muros. A Patrulla da Garda Civil do Posto da Garda Civil de Muros atopábase facendo un operativo de vixilancia e compromou como 4 persoas estaban mariscando no areal Virxe do Camiño, en Muros.
Cando remataron, meteron os sacos no maletero así como os enseres de traballo, e saíron co coche. A Patrulla interceptounos para comprobar as pertinentes autorizacións para a realización dos labores de marisqueo e a legalidade das capturas realizadas, pero ningunha das 4 persoas a tiñan.
Deste xeito, os axentes procederon á confección das pertinentes actas- denuncia por supostas infracciones á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia e á incautación das capturas (203,2 kilogramos, principalmente de berberecho, pero tamén de ameixa babosa e xapónica), na súa maioría de tamaño inferior ao legalmente establecido.
Os bivalvos incautados foron entregados á Cofradía de Pescadores de Muros para o seu sementa.
Novas sobre furtivismo
- 27-03-21: 21 kilos de percebe incautados en Corcubión.
- 05-04-21: Incautan 41 kg de polvo que non pasara pola lonxa.
- 30-03-21: Incautados 33 kilogramos de nécoras, 10 kilogramos de santiaguiños e dous lubrigantes procedentes de Camariñas.
- 25-03-21: Denunciado un buque de arrastre de Muros con 5.000 kg caixas de xarda sen declarar.
- Incautan 1000 kg de sardiña descagarda cunha planeadora sen alumeado no peirao de Cee.