Investigado en Muros con marihuana e cocaína no seu coche

22:55 08/05/21
A Garda Civil do Posto de Muros realizaba un control na estrada AC-550 no término municipal de Muros, cando ao deter un vehículo, este emanaba do interior do mesmo un forte cheiro a marihuana. Os axentes realizaron unha inspección ao ocupante, achando entre a súa roupa un envase plástico contendo unha sustancia herbácea, supostamente marihuana (27,80 gramos).
Tamén procederon a inspeccionar o mesmo achando no seu interior dous envoltorios plásticos contendo unha sustancia de cor branca, supuestamente cocaína (3,98 gramos).
Por estes motivos procederon á investigación desta persoa como presunto autor dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos e sustancias atopados.