Venres. 11.10.2024
El tiempo

Juan Figueiras: “A Sala Nasmo son os músicos”

Algo pasa en Muros, que das unha patada a unha pedra e sae un músico. Levan anos varios elementos aliñándose para crear un caldo de cultivo no que agroma a cultura por todas partes.

Un deses elementos é a Sala Nasmo, fundamental para que saian adiante bandas como Lisdexia,, Archivo Adxunto, Romero, The Rapants…

Queremos coñecer de preto á persoa que leva case 10 anos facendo realidade un proxecto especial, unha factoría que quen sabe se será lembrada en Galicia como Motown do indie galaico.

Juan Figueiras no estudio de gravacion da Sala Nasmo de Muros
Juan Figueiras no estudio de gravacion da Sala Nasmo de Muros
Juan Figueiras: “A Sala Nasmo son os músicos”
  • QPC: Que é exactamente a Sala Nasmo?

É unha nave de apoio social á mocidade, construída sobre unha antiga escola unitaria en Baño. Consta de dúas partes, é multidisplinar: na parte de abaixo hai dúas salas de ensaio bastante equipadas e un pequeno estudo de gravación. Arriba ten un aula de informática aberta a todo o mundo. Tamén hai unha sala multidisciplinar para facer cursos, abertas a entidades sociais e culturais.

  • QPC: Cando, como e por que nace?

A Sala Nasmo nace 2010, a raíz da rede Nsaio que abrira Deputación, da que a maioría feneceron, gracias ao traballo de David Pastoriza dende o Concello, un dos creadores xunto con Lisardo do Castelo Rock. Nós somos un dos poucos espazos que sobrevive.

Nace pola necesidade dun espazo para tocar. Si que había algunha casa vellas onde a rapazada podía tocar pero non había condicións boas, sendo máis molestias que outra cousa para os propios rapaces e para os veciños. Deuse vida así ao edificio, cunha normativa interna, na que as bandas, que ten un 75% de nados en Muros, poida ter un sitio con amplificadores, baterías… e demais e poder tocar nun lugar acondicionado. E ademais poder, a base de moito traballo e cabezonería, aproveitar este estudio de gravación que imos sacando adiante.

  • QPC: Como sobrevive a Nasmo? Sobrevive na precariedade ou vive con normalidade? Que sería necesario para afianzalo defintivamente?

Na nasmo traballo eu só de encargado do espazo, facendo un pouco de todo, botando unha man no que se poda. É un local municipal, e aínda que eu son bastante crítico para todo, teño que recoñecer que hai que agradecer co compromiso de mantelo vivo. Porque sei que é un proxecto que non dá resultados cuantificables.

Este grupo de goberno actual temos bastante apoio. Temos unha Noite de Rock para que as bandas da sala mostre a súa música, e a xente queda encantada. Porque non temos salas para actuar en directo, xa non hai bares, o Centro Xuvenil é rollo teatro…

Para afianzalo definitivamente hai que contar co apoio municipal, porque require un mantenimento importante. Pero temos a sorte de que a rapazada, sobre todo os máis maiores, están acostumados a tocar en cortellos, e si valoran moito que existan cousas como a Nasmo, e son os primeiros interesados en coidar o espazo.
Así que para seguir haberá que seguir batallando, buscar contactos, apoios... e seguir sacando adiante bandas que espallen a cultura musical e o nome de Muros por aí, para aportarlle ao Concello o que o Concello nos aporta a nós.

  • QPC: Que significa ter este servizo para a xente musiqueira de Muros?

Vaise facendo como unha institución. Sempre lles digo aos rapaces que a Nasmo son eles, porque sen xente non funciona. Un técnico sen músicos non é nada.

Temos rapaces que estudan en vilas do país que baixan a Muros porque está a Nasmo. Conseguimos ese vínculo co que se sinten identificados e iso é fantástico. Os chavales andan sempre mentendo nas redes sociais etiquetas de #SempredaNasmo, e para min é un orgullo.

Penso que dende as institucións teñen que coidar estas cousas porque proxectos como a Nasmo non son só proxectos musicais, se non que ademais son sociais, porque a xente está con cabeza adecuada, e non se meten noutras cousas que están moi cedo. Eu son pai de familia, teño dous fillos e me gustaría que os meus nenos estean máis pendentes dun espazo así que tendo moito tempo libre que os poida mandar por camiños que todos coñecemos.

Precisamente a Nasmo non é só música. Hai moitas bandas como Pintura Plástica, Deleiba ou Maestro que non veñen agora mesmo á Nasmo (porque ten unhas normas de convivencia e prefiren ter o seu espazo; ou teñen formado xa bandas antes), pero si forman parte da familia Nasmo. O outras como Ximiela, Saranía… que son demasiados para entrar nos espazos…

Pero é que hai un tecido musical moi forte en Muros, de todos os tipos. E niso influíu que hai bandas históricas, como os Fieles, Miúdos, Estampida, Trapos Sucios, Terbutalina agora tamén, que son exemplos fantásticos para a mocidade da zona. Así saíron bandas como Arquivo Adxunto que empezaron comigo sen saber coller unha guitarra e este ano van ao Resu. Iso para un Concello é un privilexio.

  • QPC: Parece que a combinación “Escola de Música (véxase a de Muros ou a de Carnota) + Festival como o Castelo Rock + Estudo como a Nasmo” serve de viveiro musiqueiro inmellorable, non?

Axuda moitísimo a que haia un viveiro. Ao principio nós creamos a necesidade de facer bandas para aproveitar o espazo. Na Escola de Música é fantástico a vantaxe que teñen os rapaces que pasaron por ela, e aquí comparten eso e o poñen.

O Castelo Rock, dende o 2012 empezaron a levar bandas de aquí e tamén é un aliciente. Estar todo un ano metido nunha sala de ensaio para despois non sacar o teu traballo non é moi convinte. Ensaiar machaca, pero se non tes unhas metas, como esa Noite de Rock, para que espabiles, non te motivas. Eu sempre os intento que teñan ese pique para que a banda soe como un cañón, todo un como un só.

Temos un momento inmellorable en Muros, que imos intentar aproveitar. Pero bueno, estamos bastante lonxe de todo nos faltaría meterse na roda de festivais. Iso é un círculo bastante pechado porque sempre andan as mesmas bandas, pero hai que ir pelexando pico e pala a ver se algún contacto nos mira e nos leva máis bandas para arriba.

  • QPC: De xeito incide cada unha destas tres pezas no puzzle da música muradá?

A Escola de Música é a formación, onde tamén hai que lembrar os vimbios de todo isto, as bandas de sempre deixounos ver que calquera podía tocar, e iso axudou a moita xente a lanzarse. Temos moitas bandas que se crearon arredor de Trapos, que medraron coa súa música, igual que agora está pasando con Terbutalina. Bandas que xeneran ese efecto de proximidade, que o coñeces persoalmente e despois o ves no escenario e si que che impacta e te inflúe. Non é que o vaias copiar pero si te fixas.

A Nasmo é un espazo aberto, non nos comparamos cos grandes, pero batallando e con cariño tiramos para adiante e intentanmos sacar produtos bos.

O Castelo é un festival dos grandes de Galicia, un evento dos máis importantes de Muros. A xente medrou con el e acabar tocando nel faille moita ilusión.

En resumo, en Muros hai xente moi válida para a música, e había esa necesidad ede sitios que se foron creando por inercia e agora axudan moito no tema musical e cultural.

  • QPC: Cantas bandas teñen pasado polo estudio?

Agora temos 11 bandas. Teñen pasado un lote de bandas. Temos un estudio bastante básico, pero lle sacamos o máximo beneficio ao equipo que temos. Pasaron un lote de bandas, desiféronse, volvéronse formar… Pasaron e seguirán pasando, espero.

De todos os xeitos, é complicado, porque no estudio xorden os problemas entre as bandas, porque a xente ponse nerviosa ao gravarse el só, a metrónomo… ao xuntarse con máis pistas saen as cousas que están ben feitas e as que non.

Juan da Nasmo

  • QPC: Cal foi a primeira banda que gravaches?

A primeira banda que gravei foi Os Desterrados, non hai que os tumbe, son como o típico vello que sae a sachar, pode estar mellor ou peor, pero segue. Eles seguen aí, uns anos mellor que outros. Tamén fixera Socios a la fuerza, ou Colisión Frontal.  

  • QPC: E a última?

Acabamos hai dúas semanas o disco de Arquivo Adxunto e xa estamos con The Rapants, que van sacar un disco moi chulo. É un grupo sen prexuízos, Están moi de moda, con camisas de flores e pantalóns cos tobillos… é un grupo moi válido e imos intentar colocalos aí.

Despois tocará Lisdexia, que teñen novo disco. Isto é un non parar. E espero que siga así moitos anos.

  • QPC: Que tipos de música se mesturan nas mesas da Nasmo?

Temos de todo. Isto é como un ultramarinos. Eu son hevocho, metalero, roqueiro de sempre, pero fago de todo, non me cerro a nada e fago unha dos Rapants ou unha de gaitas por igual, e bótolle o mesmo cariño a todo.

Temos dende homes de 70 anos que veñen con grupos folclóricos como Faltriqueira, ata rapaces de 16-18 anos que tocan death etal, punki, rock, indie… menos trap ou rap, temos de todo. E máis que houbera, eu encantado.

Aproveito para facer un chamanento a rapaces máis novos, chicas, que xa tivemos grupos de chicas… Temos horas libres e a rapazada a partir de 10-11 anos xa poden ir aproveitando isto.

 

Máis novas musiqueiras

  •  

Comentarios