Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O loureán Andrés Lago Louro é reelixido por unanimidade xuíz decano de Santiago

Andres Lago Louro en Cee na Operacion Orquestra
Andres Lago Louro en Cee durante a Operación Orquestra
O loureán Andrés Lago Louro é reelixido por unanimidade xuíz decano de Santiago

Coñecido na comarca pola súa participación activa pero infrutuosa na Operación Orquestra, o actual xuíz decano de Santiago, Andrés Lago Louro, foi reelixido. Así o sinala o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que lembra que foi reelexido por unanimidade na xunta de xuíces.

Lago Louro lembrou o complicado que foi o seu primeiro mandato en tempos de pandemia.

O muradán pretende realizar no seu segundo mandando uns novos xulgados de familia e do contencioso-administrativo en Santiago, así como de que o xulgado de violencia sexa exclusivo, aínda que sexa a través da súa comarcalización.

Carreira

O xuíz decano de Santiago ingresou na carreira xudicial, por quenda libre, en 2004, pasando a desempeñar o seu primeiro destino no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Por concurso de traslado, foi destinado ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cistierna (Castela e León), lugar onde permaneceu ata regresar a Galicia, en 2005, ano no que comezou a exercer no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, lugar e destino onde permaneceu ata 2014, cando tomou posesión como titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago. En 2020 asumiu a titularidade do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago, onde permanece na actualidade. En setembro de 2018 foi elixido por primeira vez xuíz decano de Santiago. O seu novo nomeamento ten que ser ratificado polo Consello Xeral do Poder Xudicial e publicado no BOE.

Comentarios