María Xosé Alfonso será a primeira candidata a alcaldía da historia de Compromiso en Muros
Parecía claro, pero María Xosé Alfonso foi elixida candidata a alcaldía de Muros por Compromiso Por Galicia. Un grupo que leva dende o 2012 en primeira liña política local, con 3 concelleiros, de feito, na corporación, pero que se presentará ás Eleccións Municipais de maio 2015 por primeira vez na historia da comarca baixo o paraugas do CxG.
Alfonso foi escollida mediante primarias abertas á cidadanía, onde os cidadáns non só puideron participar, senon que tamén podían presentar a súa propia candidatura.
María Sambade, actual Secretaria Local de Compromiso Por Galicia foi a encargada de presentar a María Xosé Alfonso e dar conta dos resultados da votación. Asegurou que “Compromiso esta dando unha lección de democracia participativa e real” , insitiu en que “ é preciso que canalicemos o descontento da cidadanía e o transformemos en propostas reais que se poidan levar a cabo”.
Alfonso foi elixida pola unanimidade dos presentes o pasado sábado en Muros, no acto tamén estivo presente o Secretario Xeral de Compromiso Por Galicia, Xoán Bascuas indicou que “María Xosé é a mellor candidata non só de Compromiso, senón a mellor candidata pois foi elixida por todas aquelas persoas que desexaron participar nestas primarias” María Xosé Alfonso é a portavoz do Grupo Municipal de Compromiso en Muros que conta con tres concelleiros na corporación muradana.
Mestra de profesión, Alfonso é membro da Executiva Nacional de Compromiso Por Galicia e formou parte do goberno muradán da man do finado Domingos Dosil Alfonso.
Na súa intervención durante proclamación como candidata a alcaldía de Muros María Xosé indicou “estar agradecida pola participación da cidadanía na súa elección e que agarda seguir contando con esa participación para completar a candidatura e o programa co que Compromiso concurrirá ás municipais do vindeiro ano“.
Novas relacionadas
- CxG aposta pola creación dun viveiro comercial na praza de abastos de Muros.
- 19-09-12: Primeira comisión local de Compromiso X Galicia en Muros.
Novas políticas
- A política abre as portas á cidadanía, tamén na Costa da Morte.
- Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Novas electorais
- O baiés José David Gómez Brandariz, novo candidato do PP de Zas.
- Manuel Antelo repetirá como candidato a repetir na alcaldía de Vimianzo.
- Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais.
- Paco Souto será o candidato do BNG á alcaldía de Malpica.
- Moncho Noceda volve a presentarse como candidato á alcadía de Carnota.
- Evencio Ferrero volverá presentarse como candidato á alcaldía.
- O PP presenta 12 candidatos costeiros para xogar ao ataque nas municipais.
- Os PP de Carballo, Camariñas, Dumbría e Muxía estrean candidato.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).