Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais

Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais
Xan Garcia escoltado polo presidente de Neria Javier Trillo e Cundins Xan Garcia presentou a súa dimisión como Secretario da Neria

Chegou o día, tras 20 anos no cargo, no que Xan García Pouso presentou a súa dimisión como Secretario da Asociación Neria. Unha das entidades de maior peso nos últimos 25 anos na Costa da Morte, polo que pasaron a meirande parte dos fondos europeos destinados ao desenvolvemento dunha zona rural como a nosa.

Xan presentou a súa dimisión “irrebocable” (querría dicir irrevogable…) nunha rolda de prensa na mañá deste sábado 20 de decembro (por certo, a primeira á que fomos convocados dende a nosa existencia) e o fixo no medio dunha lea social tremenda, despois das denuncias públicas de extraballadoras, de deixar a entidade en quebra e con denuncias de posibles adxudicacións ilegais.

Xan marcha da Neria, pero non o fará da vida socio-política. I é que deixou moi claro que se vai presentar ás Eleccións Municipais de maio de 2015 con Converxencia Galega, como xa anunciara en abril.

Carta de dimision de Xan Garcia Pouso

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios