Muros acende o Nadal
![Nadal Muros](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2024/12/03/2024120310302571571.jpg)
“Unha programación ampla e variada, na que traballaron varias concellerías e que levará o Nadal a todas as parroquias de Muros”, asegura a alcaldesa, María Lago, que agradece “o agarimo e a colaboración da comunidade educativa e do tecido asociativo local”.
Esteiro e Louro acollerán dous obradoiros para público infantil e familiar antes do acto de acendido de Nadal, que será o xoves 5 de decembro ás 19:00 horas no Curro da Praza, despois da actuación de Cayetano Lledó e antes dunha visita guiada polo casco histórico.
As grandes citas do Nadal serán a visita de Papa Noel a Muros o 23 de decembro e a tradicional Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro.
O programa inclúe obradoiros e sesións de contacontos en todas as parroquias, un concerto de Nadal da Escola Municipal para os usuarios do Centro de Día, un mercadiño solidario o venres 13 coa colaboración dos centros educativos, teatro ou a Gala de Premios Barbantia de Cultura 2024.
O sábado 21 será a Gala do Deporte, o domingo 22 o Festival Benéfico de Adisbismur, o venres 27 a Festa de Nadal no pavillón de Miraflores e o sábado 28 a San Silvestre de Muros. O 3 de xaneiro, Festa de Reis no pavillón Xosé Lago de Esteiro.
Aquí podes ver o completo programa de Nadal.
Máis novas