Muros acolle este sábado a II Bandeira de Bateis Muros de San Pedro

O Concello de Muros acolle este sábado, día 1 de marzo, a II Bandeira de Bateis Muros de San Pedro.
A proba, organizada polo Club de Remo de Muros coa colaboración do Concello de Muros, comezará no porto de Muros ás 16:00 horas.
“Unha xornada especial, en pleno Entroido, para desfrutar dun deporte tan tradicional e vencellado a Muros como o remo”, asegura a alcaldesa, María Lago, que presentou a proba xunto o concelleiro de Deportes, Damián Torea, e a presidenta do Club de Remo de Muros, Lucía Siaba.
Damián Torea anima “á veciñanza a pasar polo porto de Muros o sábado para ver a espectacularidade da competición”, agradecendo “o traballo do Club de Remo de Muros”.
O concello agradece ademais o traballo na proba de Protección Civil de Muros, GES, Garda Civil e Policía Local.