Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Muros elimina as súas barreiras

Muros elimina as súas barreiras

A pasada semana o Presidente da Comisión de Benestar Social, Xoán Manuel Sande Muñiz, estivo no Concello de Muros para comprobar as obras de eliminación de barreiras na vila nas que colaborou activamente o Departamento de Accesibilidade de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Sande Muñiz estivo acompañado, entre outros, polo Alcalde de Muros, Domingo Dosil, e polo Vicepresidente de COGAMI, Ramón Sestayo. Logo de encontrarse no concello, os tres percorreron as obras rematadas do itinerario peonil que percorre a vila, dende a rotonda de Serres ata o porto.

Este proxecto, enmarcado no Programa de Eliminacion de Barreiras Arquitectónicas 2009-2010, foi subvencionado pola Deputación de A Coruña con preto de 200.000 euros e deseñado pola Área de Accesibilidade de COGAMI co fin de facelo accesible a todos e todas.

Accesibilidade na zona histórica

Outro dos estudos realizados polo equipo técnico de Accesibilidade de COGAMI foi o de como facer accesible a zona histórica que está preto da casa consistorial, onde tamén se trataba facer accesibles os accesos aos locais comerciais, ademais dos espazos públicos. As prazas de aparcadoiro reservadas, os pasos de peóns, os sinais, son outros dos elementos de urbanismo que COGAMI estudou para facer de Muros unha vila máis accesible.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da COGAMI.

Comentarios