Muros móvese a ritmo de Castelo Rock
Cando xa podemos descargar de balde o novo disco balcánico de Terbutalina, cando volven os Trapos Sucios con novo disco, cando xa sabemos que Loquillo e Corizonas estarán no Nordestazo e que Los Coronas e Columpio Asesino o farán no VdeValarés, a cousa comeza a xestarse en Muros.
A xente do Festival Castelo Rock de Muros, que forma parte da nova Federación Galega de Festivais, comeza a programación para sacar cartos para a gran cita estival. A X edición do Castelo Rock terá lugar o 2 e 3 de agosto de 2013.
Pero para esa gran cita teremos que esperar, pero non o faremos de baleiro, pois xa temos varios concertos en marcha. Todos no Local de San Xosé a partir ás 22:00h:
- Sábado 23 de febreiro: Galanía.
- Sábado 2 de marzo: Bingo.
- Sábado 9 de marzo: Gring@s.
- Sábado 16 de marzo: París Joel.
- Sábado 23 de marzo: José Regueira.
Volven os Trapos Sucios
Xa está en marcha a nova web da banda muradán de rock máis mítica. www.trapossucios.com. Nela ademais podemos disfrutar de 4 temas e un videoclip do seu vindeiro disco, "Idiocracia".
Aproveitamos a cita e vos deixamos con "El Fin".
Máis información
- Facebook do Castelo Rock de Muros.
- www.castelorock.com.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Loquillo e Corizonas estarán no Nordestazo.
- O Festival V de Valarés quenta motores con 3 artistas confirmados.
- Terbutalina saca novo disco cas claves do país: festa, velocidade e empanada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).