Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Muros propón outro outono de teatro

Muros propón outro outono de teatro
Animais de Compañía estrea o ciclo teatral muradán

Un dos Concellos que mellor apostan pola programación teatral continúa é o de Muros. De feito, vén de presentar o seu programa de outono, co que encherán estes 3 meses con 10 actuacións teatrais.“Animais de compañía”, de Teatro do Noroeste, será a primeira cita que abrirá o Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros nesta nova tempada teatral 2018/19. A cita o sábado, 6 de outubro, ás 18:00 horas. Unha fábula moderna sobre as relacións humanas, “Animais de compañía” é unha comedia musical escrita e dirixida por Eduardo Alonso e representada polas actrices Manuela Varela e Imma António.

 

Un completo programa

Completo é o programa teatral deste espazo para este outono, para o que as entradas son a 2,50 € e xa están a venda nas oficinas do centro cultural e xuvenil de Muros.

Data

Hora

Compañía

Espectáculo

Programa

06-10-2018

18:00

TEATRO D NOROESTE

Animais de compañía

RGTA

13-10-2018

18:00

MAGO BENXAMÍN

A toda Maxia

REDE C. DEPUTACIÓN

20-10-2018

21:30

CONTRAPRODUCIÓNS

COMMEDIA

RGTA

03-11-2018

20:30

TROTACONVENTOS

Historias de Reloxo

10-11-2018

21:30

QUINQUILLÁNS Teatro

Language planning

REDE C. DEPUTACIÓN

17-11-2018

21:30

XORE Teatro

Pementeiras

RGTA

01-12-2018

18:00

Elefante Elegante

PATAPATÚM

RGTA

15-12-2018

20:30

Sal-Monela teatro

Políticamente incorrecto

22-12-2018

21:30

REDRUM producións

Estás aí?

RGTA

29-12-2018

18:00

EducaTeatro

Carapuchiña Vermella

RGTA

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-teatro-consolidase-como-o-dinamizador-cultural-da-costa-da-morte/

Comentarios