venres. 06.12.2024
El tiempo

Muros recupera o Camiño dende o Arciprestado de Entíns a Compostela

Muros recupera o Camiño dende o Arciprestado de Entíns a Compostela
850 peregrinos do Arcebispado de Entins en Compostela 850 peregrinos do Arciprestado de Entíns en Compostela

Menuda peregrinación a que se levou a cabo o pasado domingo dende Muros. Nada menos que 856 persoas das distintas parroquias que conforman o Arciprestado de Entíns, peregrinaron, en bus ata Santiago, para gañar o Xubileo no Ano da Misericordia proclamado polo Papa Francisco. Máis bravos foron os 67 peregrinos que fixeron, por primeira vez e a pé, o Camiño de Muros a Santiago en tres etapas, de venres a domingo.

Unha fermosa iniciativa a da recuperación deste trazado, no que están involucrados os concellos de Muros e Brión (actuando nas partes do camiño intransitables ou con necesidade de intervención), o de Outes e o CEIP Serra de Outes (cedendo aloxamento) e os municipios de Ames e Santiago de Compostela (reforzando a seguridade).

Un proxecto que nace dende o Arciprestado de Entíns, “situado entre as fermosas desembocaduras dos Ríos Tambre e Xallas e que sube ata os cinco centos metros de altitude acollendo as terras do Concello de Mazaricos”, como sinala un fragmento da invocación ao Apóstolo.

67 peregrinos estrearon o Camino de Muros a Compostela Os bravos 67 peregrinos que estrearon o Camiño de Muros a Compostela

O venres partían os peregrinos, para percorrer entre 3 etapas o antigo camiño de Santiago inglés, que facían desde a Idade Media os peregrinos que chegaban por mar a Muros. Como dicimos é a primeira vez que se percorre esta ruta histórica, e agardan recuperala e promocionala. A peregrinación estivo formada por pais, nenos, avós, persoas de todas as idades, dende unha persoa de 68 anos ata un rapaz de 11.

Moi fermoso o Camino peregrino de Muros a Santiago de Compostela Moi fermoso o Camiño peregrino de Muros a Santiago de Compostela Moi fermoso o Camino peregrino de Muros a Santiago de Compostela Moi fermoso o Camino peregrino de Muros a Santiago de Compostela

Tras dous días atravesando sendeiros, bosques, ríos… xuntáronse na Praza da Quintana o domingo ás 12:00h cos 850 peregrinos que encheron os 17 busess fletados para a ocasión. Disfrutaron da entrada pola Porta Santa, aberta ata o 20 de novembro de 2016, e acodiron á celebración da Misa do Peregrino ás 13.15h, que presidiu a celebración o Bispo Auxiliar don Jesús González, que onde leu a invocación o Arcipreste de Entíns, Alfonso Mera. Unha misa que rematou a celebración ca posta en funcionamento do Botafumeiro.

Ás 14.30h, as 856 as persoas da peregrinación xantaron na Hospedería de San Martín Pinario, que tivo que habilitar distintas salas.

Misa no Obradoiro co Botafumeiro para os peregrinos do Arcebispado de Entins Misa no Obradoiro co Botafumeiro para os peregrinos do Arciprestado de Entins

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios