Muros reivindica a súa Palomiña de Semana Santa

07:35 11/04/25
Outra das citas etnográficas da Semana Santa da Costa da Morte é a de Muros. As procesións muradáns son tamén un reclamo de fe e singularidade.
As citas arrincan este venres 11 coa Coroa das 7 Dolores e Novena, e posterior procesión ás 20:30h. Na mañá do domingo de Ramos teremos tamén procesión na Capela de San Roque, mentres que o Xoves Santo será pola tardiña.
O venres o Sermón do Encontro será no Curro da Praza ás 11:00h, mentrs que pola tarde será o Desencravo.
A cita máis especial será o Domingo 20, o Domingo da Palomiña, ás 11:00h na Praza do Curro.