A Asociación de Amigos do Camiño pola ría de Muros e Noia segue andando para institucionalizar a ruta Xacobea
Segue Muros intentando revitalizar o seu Camiño pola ría de Muros e Noia a través da sociedade civil. A Asociación de Amigos do Camiño pola ría de Muros e Noia fundada en 2015, mantiña este pasado día 15, unha Asemblea Xeral para proceder á renovación da súa Xunta Directiva e a posta en común das próximas actividades que a asociación levará a cabo de cara ao Xacobeo 21.
Polo de agora xa están implicados os 9 concellos polos que pasa o Camiño Xacobeo de Muros a Santiago, estando os trámites da oficialización deste Camiño están cada vez máis próximos.
Todo gracias ao traballo previo realizado pola asociación turístico comarcal Ría de Muros Noia, que recolleu ademais os intentos previos que o Liceo de Noia e a Asociación Noia Histórica fixeran xa no ano 2010 para a consecución do recoñecemento do Portus Apostoli.
Agora a entidade ten un plan para este importante ano, que pasa por visibilizar o Camiño, e ademais porque os 9 concellos comecen a facilitar a apertura de espazos que sirvan de albergues para peregrinos, mentres non se alcanza a oficialización institucional.
O primeiro é continuar a realizar actividades de visibilización entre a poboación para dar a coñecer o traballo da asociación a prol da consecución da delimitación do Camiño de Santiago pola ría.
Paralelamente están poñendo en marcha unha páxina web e unha APP para que os peregrinos podan seguir a ruta.
En todo caso, a entidade ten claro cal é a filosofía: “o camiño faise andando”.