Muros, a única administración que loita contra o consumismo do Black Friday
Co pouso dun par de semanas, a organización da fantástica campaña antiBlackFrifay desenvolta en Muros quere facer balance do conseguido. Unha campaña que pon á vila muradá nas miradas de todo o estado, como exemplo de boas prácticas para loitar contra o consumismo exacerbado da negra data de finais de novembro. Unha data que como os propios comerciantes de Muros recoñecían na antes de comezar a campaña, é tremendamente negativa para o comercio local.
Así, o Concello de Muros, facendo súa a proposta de 4 comprometidos axentes locais como son o Espazo A Maceta, Fresco y del Mar, Auga e Sal e Galuriña, consegue facer fronte a esta sociedade de consumo poñendo en valor os negocios da vila.
”O máis positivo da campaña foi a boa acollida que tivo entre a xente e a participación no evento de presentación do sábado pola tarde cando máis de 200 personas se achegaron ao Cine París a escoitar coma os máis pequenos presentaban o seu traballo”, explican dende o grupo promotor. A participación de todos os centros educaticos tanto na exposición do Cine, como no roteiro ou no taller de emprendemento debullan o camiño a seguir.
Con todo, “o que máis nos sorprendeu a gran resposta por parte das asociacións é veciños a colaborar, que levou a que a campaña si tivera impacto en todo o Concello, que era un dos nosos retos”, explica Alba Fdez.. “E todo o que se conseguiu nun período corto de tempo”, valora, ao tempo que agradece que “o mellor indicador de éxito da iniciativa é que outros concellos queren copiar a campaña o ano que ben”.
Mapa das as instalación de Tape Art
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 23: A campaña Muros Consumo Consciente xa está na rúa.
- Novembro 22: Muros pecha por Black Friday.
- O comercio local responde positivamente á campaña Muros Consume Consciente.
- 2021: O contra #BlackFriday de “FrescoydelMar”, para Cáritas.