Martes. 07.05.2024
El tiempo

Muros, a única administración que loita contra o consumismo do Black Friday

Antiblack Friday Muros Presentacion 2023
Imaxe da presentación da campaña Antiblack Friday do concello de Muros
Muros, a única administración que loita contra o consumismo do Black Friday

Co pouso dun par de semanas, a organización da fantástica campaña antiBlackFrifay desenvolta en Muros quere facer balance do conseguido. Unha campaña que pon á vila muradá nas miradas de todo o estado, como exemplo de boas prácticas para loitar contra o consumismo exacerbado da negra data de finais de novembro. Unha data que como os propios comerciantes de Muros recoñecían na antes de comezar a campaña, é tremendamente negativa para o comercio local.

Así, o Concello de Muros, facendo súa a proposta de 4 comprometidos axentes locais como son o Espazo A Maceta, Fresco y del Mar, Auga e Sal e Galuriña, consegue facer fronte a esta sociedade de consumo poñendo en valor os negocios da vila.

”O máis positivo da campaña foi a boa acollida que tivo entre a xente e a participación no evento de presentación do sábado pola tarde cando máis de 200 personas se achegaron ao Cine París a escoitar coma os máis pequenos presentaban o seu traballo”, explican dende o grupo promotor. A participación de todos os centros educaticos tanto na exposición do Cine, como no roteiro ou no taller de emprendemento debullan o camiño a seguir.

Con todo, “o que máis nos sorprendeu a gran resposta por parte das asociacións é veciños a colaborar, que levou a que a campaña si tivera impacto en todo o Concello, que era un dos nosos retos”, explica Alba Fdez.. “E todo o que se conseguiu nun período corto de tempo”, valora, ao tempo que agradece que “o mellor indicador de éxito da iniciativa é que outros concellos queren copiar a campaña o ano que ben”.

Mapa das as instalación de Tape Art

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios