Muros pecha por Black Friday
Masiva repercusión tivo o ano pasado o anti-Black Friday de Fresco y de Mar. Este ano, a empresa muradá dá un paso no seu compromiso co consumo local e responsable, e lanza unha nova campaña que conta co apoio de varios negocios de Muros.
Neste terceiro ano, a entidade pechará a súa páxina de venda online este venres 25 de novembro, a pesar de que a súa única liña de comercialización é a venda online.
A entidade, conta co apoio de varios negocios de Muros, que tampouco realizarán descontos nestas datas. Entre eles, algúns dos establecementos onde Fresco e do Mar distribúe os seus peixes e mariscos, como o Hotel-Restaurante Muradana, o Asador Vila de Muros e o Bar de Tapas O Pouso.
Tamén se suman á iniciativa outros negocios, como Peixes e Mariscos Área Maior, Pastelaría Goya e Libraría Gallardo. E como, un ano máis, a Confraría de Muros volve apoiar esta causa, sen ofrecer promocións pola data.
“Durante todo o ano somos fieis á nosa filosofía, que defende a pesca galega artesanal, a prezos xustos e sustentables. Non podemos botar pola borda o traballo de todo o ano nunha xornada de consumismo barato”, explica Milucho Louro, portavoz de Fresco e do Mar.
Ademais, o 10% dos seus ingresos dos días previos a ‘Black Friday’ serán destinados a Cáritas Muros, unha iniciativa que xa realizaron en 2020 e 2021. “Aos clientes custaralles o mismo e o 10% achegarémolos nós; é a nosa forma de colaborar cos veciños cando máis nos necesitan e de reivindicar así que non celebraremos o Black Friday”, engade Louro.