Luns. 07.10.2024
El tiempo

Muros únese para loitar contra a tolemia consumista do BlackFriday

Antiblack Friday Muros Prese
Presentación da Campaña co alumnado do IES Fontexería
Muros únese para loitar contra a tolemia consumista do BlackFriday

Xa visitamos algunhas das obras e Tape Art feitas nos vinilos negros (aquí podedes acceder a un mapa coas obras). E estamos xa inmersos no día da grande da campaña Muros Consumo Consciente, a iniciativa promovida dende o concello e coordinada por varios axentes locais comprometidos como son Espazo A Maceta, Fresco y del Mar, Auga e Sal e Galuriña, que ten como claros obxectivos impulsar o consumo responsable e o comercio local e de proximidade, facendo fronte ás ofertas das grandes cadeas como o Black Friday.

O Cine París está hoxe cheo de actividades, coa presentación dos proxectos elaborados polos alumnos e alumnas de 1º de Bacherelato do IES Fontexería, un roteiro e unha exposición.

Antiblack Friday Muros Presentacion 2023
A alcaldesa de Muros, á esquerda, con varias representantes do comercio local

A alcaldesa de Muros, María Lago, fai un balance “moi satisfactorio de ‘Muros Consume Consciente’, o máis importante é que a xente entendeu os motivos reais da iniciativa, a importancia dun consumo responsable e respectuoso cos recursos do planeta”.
O concello destaca a implicación do comercio, vestindo de negro os escaparates dos baixos para despois facer instalacións de tape art sobre eles, das asociacións de veciños, das comunidades de montes ou da comunidade educativa.

“Muros Consume Consciente naceu como unha campaña para concienciar sobre a necesidade dun consumo responsable, ademais de apoiar ao comercio local a loitar contra as prácticas consumistas das grandes superficies, que afogan ao comercio de proximidade”, engade Lago.
En palabras de Lago, “cremos que hai que darlle unha volta a esta situación, coñecendo tamén a irresponsabilidade que hai detrás destas prácticas consumistas, promovendo un consumo responsable e apoiando á sociedade e o comercio local”. “En definitiva, dándolle cor a este venres negro”, rematou.

Alba Fernández, de Espazo a Maceta, destacou que “grazas á implicación de toda a comunidade, o que inicialmente é unha idea, un deseño, implementouse grazas a enerxía de cada un dos veciños, que responderon á iniciativa e consiguiuse un impacto moito maior do que orixinalmente imaxinabamos. Sabemos que xa hai outros concellos que queren seguir a iniciativa o ano que vén. Ese é o mellor indicador do éxito do que aquí se iniciou”.

 

PROGRAMA

23_08_muros_consumo_consciente_programa_rgb copia


Na tarde do venres descubriranse as crracións artísticas, e xa ás 21:00h haberá unha nova mesa sobre comercio local coa técnica municipal do Concello de Santiago, Lucía Castro.

Para o sábado, estará aberta a exposición pola mañá e pola tarde, e Monste París realizará un dos seus roteiros pola vila de Auga e Sal ás 11:00h e ás 17:00h.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios